A nosa chave

Inicio » Letras Galegas 2013 » Biografía de Roberto Vidal Bolaño

Biografía de Roberto Vidal Bolaño

Advertisements

O 31 de xullo de 1950, naceu Roberto Ignacio Vidal Bolaño, que co paso do tempo se convertería nun dos creadores do teatro profesional galego.

Realizou os seus primeiros estudos de primaria e bacharelato en Santiago e con doce anos comezou a traballar como repartidor de recambios de coche, emprego o que lle seguiron outros nunha axencia de viaxes, nun almacén de coloniais e nunha entidade bancaria, até que, con vinte e sete anos, pasou a traballar profesionalmente no teatro.

Fundou a primeira compañía profesional de teatro en galego, o Grupo Antroido, na que realizou todo tipo de funcións: empresario, director, actor, autor, electricista, pintor…

O longo da súa traxectoria artística escribiu perto das trinta obras teatrais, algunhas delas dedicadas ao público infantil.

Tamén realizou guións para as televisións galega e española, levando á pantalla relatos de escritores galegos como Fole ou Blanco Amor.

Participou como actor en longametraxes e series televisivas e como actor de dobraxe colaborou en máis de cincuenta películas.

Recibiu numerosos premios pola súa obra teatral: Premio Abrente, Premio Cunqueiro, Rafael Dieste, Eixo Atlántico, Tirso de Molina

No ano 1991 creou e dirixiu a Compañía Teatro do Aquí, coa que seguiu representando as súas propias obras.

Roberto Vidal faleceu en Santiago no ano 2002.

Roberto Vidal Bolaño escribiu perto de trinta obras de teatro, entre elas estas:

Laudamuco,Señor de Ningures

Bailadela da morte ditosa

Agasallo de Sombras

Días sen gloria

Saxo Tenor

As actas escuras

Touporroutou da Lúa e o Sol

Doentes

Rastros

A burla do galo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s