A nosa chave

Inicio » Xeral » V Concurso-Exposición de Fotografía – Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

V Concurso-Exposición de Fotografía – Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

A ANPA e o ENDL do CEIP de PRÁCTICAS convocan o V CONCURSO- EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA coas seguintes bases:

· Tema: “Navegamos no País dos mil ríos e os dous mares

· Para toda a comunidade educativa (alumnado, nais/pais, profesorado, persoal non docente).

· Formato: foto con pé de imaxe en galego (versos, prosa, slogan) coladas sobre cartolina ou cartón pluma enviando, ademais, copia dixital da mesma a endlpracticasourense@gmail.com .

· Debe levar un título e figurar o nome do lugar. Todas levarán nome, apelidos e curso do autor/a (No caso de nais e pais, debe aparecer igualmente o nome do/a neno/a e curso no que está).

· Membros do xurado: 1 membro da ANPA, 1 profesor-a do ENDL, 1 membro do Equipo Directivo do centro.

· Haberá agasallos para as mellores.

· Entregar no colexio antes do 31 de xaneiro de 2017.

· Farase unha exposición coas fotografías presentadas e un audiovisual coas fotografías entregadas no enderezo de correo-e, que logo pasarán a ser propiedade do centro para posteriores usos se for o caso (exposicións, traballos,etc)

Agradecemos a vosa participación.

Ourense, 11 de outubro de 2016.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: