A nosa chave

Inicio » Roi Casal

Roi Casal

Roi Casal musica o poema de Manuel María A fala.

A idea expresada neste poema é para nós a enerxía que move a nosa chave

O propio Roi Casal enviounos o seguinte texto:

Foto de Sue Rainbow

Foto de Sue Rainbow

Toda a miña carreira artística, débolla ao país ao que pertenzo. Nel, aprendín a falar para nomear con propiedade aos elementos. Tomei a súa música, para tentar pór o son axeitado a cada momento. Asumín certas tradicións, para que o meu fillo as poida desfrutar nun futuro incerto. Aprendín, en definitiva, que só un pode sentirse realizado, se cree en si mesmo. O meu país é pequeno, pero que as súas xentes téñeno espallado polo mundo enteiro. Un mundo que abro cada día, coa chave do idioma que levo dentro. Comparto con vós a miña música, que tomei dos nosos ancestros. Un tesouro que por sempre, maxicamente vello, ha perdurar no tempo.

Roi Casal.

 

 

A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo é morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: